4 jul 2006
Pasado e presente
Realicei esta foto durante unha visita ao conxunto monumental de Ponte Maceira, un lugar que me permitiu botar unha ollada sobre a paisaxe humana do rural galego no pasado.
Contextualizando cada momento histórico creo o rural galego tivo os seus problemas máis tamén foi capaz de acadar importantes logros. A sociedade do rural galego era estamentaria e pechada, a inmensa maioría das persoas carecían de formacion académica, e as forzas vivas comentian todo tipo de atropelos aos dereitos dos cidadáns. Características negativas de este tipo as podemos atopar en moitas sociedades europeas que agora consideramos máis avanzadas máis parece que actualmente se impón unha visión totalmente negativa na que se esquecen os rasgos positivos. Como os que simboliza o horreo para min: A capacidade do rural de atopar solucións prácticas aos problemas, a creación dun entorno urbanístico cargado de beleza e a cooperación entre as persoas para acadar obxectivos (moitos horreos eran de uso comunitario).
Unhas das iconas do presente no rual é o tractor, simbolo dun proceso de modernización que inda continua. A foto foi tomada perto das instalacións de producción de Feiraco, para min un exemplo de que sigue existindo ese dinamismo colectivo no noso rural.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario