8 jul 2006

As cruces de pedra


Atopei este cruceiro en Pontemaceira, na parte do Tambre que pertence ao Concello de Ames. Inda que non son historiador nen etnógrafo supoño que a existencia dun punto de paso do río que se remonta á época romana facía necesaria a presencia dunha estructura de este tipo na zona. Cando estaba a preparar a foto veume á mente a obra de Castelao "As Cruces de Pedra na Galiza", sexa pois esta a miña modesta homenaxe aos debuxos dun dos intelectuais máis respresentativo da nosa cultura.

No hay comentarios: