19 abr 2006

Serán



Espera.
Espera ás luces do solpor
e preguntalle á lúa
polo brilo da esperanza.

16 abr 2006

Ferrol, a luz contra o aceiro



Fascínanme as estruturas de aceiro, quizá porque como santiagués o meu contorno sempre foi a pedra, quizá por ter interiorizado o compromiso co progreso económico e social do noso país. En Ferrol é dificil escapar á vista das infraestruturas do sector naval, como estas grúas de Bazán, unha posibilidade que parece morrer baixo o silencio, na soidade e no olvido. A pesar de todo en Ferrol tamén hai momentos para a beleza, o sol asoma entre as nubes e as gaivotas posan con orgullo frente ao mercado das "Casas Baratas" un nome moi descriptivo para un barrio industrial con mártires coñecidos, heroes anónimos e paredes con pintura descascada. A outra cara da industrialización e da desindustrialización.