16 jul 2006

Vivir en Santiago (I)


O sabado atopei polas rúas de Santiago un espectáculo humoristico e tiña a camara. Esta foto forma parte dunha serie na que trato de retratar a vida da cidade centrandome nas pequenad cousas cotidianas que constituen a intrahistoria da miña cidade.

8 jul 2006

As cruces de pedra


Atopei este cruceiro en Pontemaceira, na parte do Tambre que pertence ao Concello de Ames. Inda que non son historiador nen etnógrafo supoño que a existencia dun punto de paso do río que se remonta á época romana facía necesaria a presencia dunha estructura de este tipo na zona. Cando estaba a preparar a foto veume á mente a obra de Castelao "As Cruces de Pedra na Galiza", sexa pois esta a miña modesta homenaxe aos debuxos dun dos intelectuais máis respresentativo da nosa cultura.

4 jul 2006

Pasado e presente



Realicei esta foto durante unha visita ao conxunto monumental de Ponte Maceira, un lugar que me permitiu botar unha ollada sobre a paisaxe humana do rural galego no pasado.
Contextualizando cada momento histórico creo o rural galego tivo os seus problemas máis tamén foi capaz de acadar importantes logros. A sociedade do rural galego era estamentaria e pechada, a inmensa maioría das persoas carecían de formacion académica, e as forzas vivas comentian todo tipo de atropelos aos dereitos dos cidadáns. Características negativas de este tipo as podemos atopar en moitas sociedades europeas que agora consideramos máis avanzadas máis parece que actualmente se impón unha visión totalmente negativa na que se esquecen os rasgos positivos. Como os que simboliza o horreo para min: A capacidade do rural de atopar solucións prácticas aos problemas, a creación dun entorno urbanístico cargado de beleza e a cooperación entre as persoas para acadar obxectivos (moitos horreos eran de uso comunitario).
Unhas das iconas do presente no rual é o tractor, simbolo dun proceso de modernización que inda continua. A foto foi tomada perto das instalacións de producción de Feiraco, para min un exemplo de que sigue existindo ese dinamismo colectivo no noso rural.

29 jun 2006

Festas de San Pedro (I)



Onte comezaron as Festas do Barrio San Pedro en Santiago. Onte estiben no concerto de Carmen Dor e Alfredo Susavila, un bo comezo sen dúbida.

18 jun 2006

O pais dos comedores de churrasco



Sumome a Reixa e reclamo unha festa do coresterol, unha festa que reuna todo o desparrame telúrico graxumento das festas gastronómicas veraniegas. Viva o churrasco.

Muiño no Rio Barosa

4 may 2006

Ria de Ferrol, Caranza





Escapei dos mostruosos edificios de pisos de Caranza para poder ollar á ría, pero o tenebrismo da zona cero da reconversión naval nublou a miña ollada.